viernes, 17 de septiembre de 2010

foliada de santo xusto (letra)



Sei dun anaco de ceo
escondido entre o verdor
que tén o fresco da auga
e do fogar a calor.

Que mestura sombras e sol,
 e non falta herba nin flor.

Santo Xusto, amigo, vou cantando,
ao meu pobo, do meu corazón.
Inda que des ben voltas no mundo
non verás outro sitio mellor.

Berce de xentes de ben,
Non hai servo nin señor,
xunguidos homes e terra
nunha aperta de amor

É festeiro e traballador
realista e soñador.

Santo Xusto, meu ben, vou cantando,
ao meu pobo, do meu corazón.
Santo Xusto, que estou ben seguro
que non hai outro sitio mellor.


(para escoitar a música ir ao enlace no fondo da páxina)